Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Informática: Informática para a enxeñaría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Ao longo do cuadrimestre poderanse realizar dúas probas con preguntas de desenvolvemento que permitan coñecer as competencias adquiridas polo alumnado (poden ser físicas ou virtuais).

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Habilidade no manexo de ordenadores e sistemas operativos. Comprensión do funcionamento básico dos ordenadores. Habilidade no manexo de ferramentas informáticas para enxeñaría. Coñecemento dos fundamentos das bases de datos. Capacidade para implementar algoritmos sinxelos nalgunha linguaxe de programación. Coñecemento dos fundamentos da programación estruturada e modular.
30 A1
A2
A3
A4
A5
C3
D3
D5
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do cuadrimestre realizaranse tres probas. Incluirán o desenvolvemento dun ou varios exercicios ou problemas que permitan coñecer as competencias adquiridas polo alumnado (poden ser físicas ou virtuais).


RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Habilidade no manexo de ordenadores e sistemas operativos. Comprensión do funcionamento básico dos ordenadores. Habilidade no manexo de ferramentas informáticas para enxeñaría. Coñecemento dos fundamentos das bases de datos. Capacidade para implementar algoritmos sinxelos nalgunha linguaxe de programación. Coñecemento dos fundamentos da programación estruturada e modular.
60 A1
A2
A3
A4
A5
C3
D3
D5
D7
Estudo de casos Desenvolvemento dun ou varios exercicios de casos ou problemas que permitan coñecer as competencias adquiridas polo alumnado (poden ser físicas ou virtuais).
RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA: Habilidade no manexo de ordenadores e sistemas operativos. Comprensión do funcionamento básico dos ordenadores. Habilidade no manexo de ferramentas informáticas para enxeñaría. Coñecemento dos fundamentos das bases de datos. Capacidade para implementar algoritmos sinxelos nalgunha linguaxe de programación. Coñecemento dos fundamentos da programación estruturada e modular.
10 A1
A2
A3
A4
A5
C3
D3
D5
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA

O alumnado poderá realizar (segundo as circunstancias do curso) un máximo de 3 avaliacións que terán parte de preguntas e parte de resolución de problemas coas que poderá obter a nota global. Isto implica que aqueles/as alumnos/as que suspendan as probas convocadas durante o cuadrimestre poderán presentarse ao exame de primeira oportunidade para a súa recuperación. 

 Para acceder ás probas de avaliación continua será necesario asistir, polo menos, ao 75% das clases. Por tanto:

  •  Parcial 1  (30% da nota):  Proba tipo test
  •  Parcial 2 (35% da nota):   Proba de programación nas aulas de computadores. Só se utilizarán os computadores dos laboratorios
  •  Parcial 3 (35% da nota):   Proba de programación nas aulas de computadores. Só se utilizarán os computadores dos laboratorios.

As probas ás que non se concorra, NON renunciando á avaliación continua en tempo e forma, cualifícanse con cero (0,0 sobre 10). 

 Fórmula de avaliación:                   

parcial1 (>= 3,0)*0,30  + parcial2 (>= 3,0)*0,35 + parcial3 (>= 3,0)*0,35 >= 5,0

Se unha persoa non desexa ser sometida ao sistema de avaliación continua, poderá renunciar expresamente a ela no período establecido. Nese caso, presentarase a un exame global da materia, na data e hora definidas pola EEME, que supoñerá o 100% da nota.

CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL

En caso de renuncia á avaliación continua, proponse unha avaliación que incluirá o 100% da materia, incluíndo unha parte de preguntas e outra de resolución de problemas, e que se realizará na data oficial que se detalla no calendario da Escola. de Enxeñaría de Minas e Enerxía.

CONSIDERACIONES DE SEGUNDA OPORTUNIDADE

Aqueles/as alumnos/as que non superaran a materia na primeira oportunidade, tanto pola modalidade de avaliación continua como pola de avaliación global, terán a opción de realizar un exame de segunda oportunidade segundo o establecido no calendario do centro.

Calendario de exames.Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000