Consideracións sobre a avaliación continua (primeira oportunidade) Cada estudante obterá unha nota de avaliación continua: resultado de sumar as cualificacións das dúas probas parciais e as dúas prácticas realizadas durante o curso, e a nota da proba final NEC=PP1+PP2+PR1+PR2+PF. Deberá alcanzar un mínimo de 5 puntos para superar a materia. O sistema de avaliación por defecto é o de avaliación continua; a todo o estudantado permitiráselle realizar as dúas probas parciais e as dúas prácticas e decidir, posteriormente, se prefire renunciar ás notas obtidas e pasar a Avaliación Global. Esta decisión comunicarase na propia Proba Final (PF) que incluirá dúas opcións: • Manterse no sistema de avaliación continua e realizar a proba final da primeira oportunidade (PF, 40%). • Renunciar ás cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua e pasar ao sistema de avaliación global.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo): No exame oficial desta convocatoria cada estudante pode elixir entre as mesmas opcións que na primeira oportunidade: • Manter as cualificacións obtidas nas 4 probas de avaliación continua e realizar a proba final da segunda oportunidade (PF2, 40%). Esta proba será análoga á Proba Final PF da primeira oportunidade e a nota obtida, PF2, substitúe a PF no cálculo da nova cualificación de avaliación continua NEC=PP1+PP2+PR1+PR2+PF2. • Renunciar ás cualificacións obtidas no proceso de avaliación continua e pasar ao sistema de avaliación global.
Avaliación global: O estudantado que renuncie á avaliación continua deberá realizar un exame nas datas establecidas oficialmente polo centro no que se avaliarán os contidos tratados en todas as metodoloxías. Esta proba será similar á Proba Final de avaliación continua pero máis extensa e incluirá preguntas sobre todo o temario e sobre as prácticas. Este exame se valorara sobre 10 puntos e deberá alcanzarse un mínimo de 5 puntos para superar a materia. Calendario de exames: verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes |