Estudo de casos |
Os casos prácticos desenvolveranse en grupo e o estudantado deberá entregar os casos unha semana despois de rematar a sesión guiada polo profesorado.
Resultados previstos na materia:
Comprender os aspectos básicos da Química
Saber avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lle permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa Química |
10 |
A4 A5
|
B2
|
C22
|
D4
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exponse ao alumnado unha serie de problemas onde se aplicarán os conceptos teóricos tratados durante o desenvolvemento da materia
Resultados previstos na materia:
Comprender os aspectos básicos da Química
Comprender que o coñecemento científico interacciona coa tecnoloxía, segundo as características e necesidades da sociedade en cada momento |
20 |
A4 A5
|
B1 B2
|
C22
|
D5
|
1.- Consideracións sobre a avaliación continua: O alumnado poderá renunciar ao sistema de avaliación continua no prazo fixado o día da presentación da materia. Deberase obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada un dos puntos avaliados. 2.- Consideracións sobre a segunda oportunidade. Acualificación basearase unicamente na avaliación dun exame final, que poderá incluir preguntas correspondentes ás prácticas de laboratorio e os casos prácticos. Para superar a materia será necesario acadar unha puntuación superior a 5 puntos sobre 10. 3.- Consideracións sobre a avaliación global. O alumnado deberá acadar un mínimo do 50% da nota máxima para superar a materia en todasas metodoloxías de avaliación consideradas (prácticas de laboratorio, casos prácticos, probas de autoavaliación e exame de preguntas obxectivas e resolución de problemas). Aquel alumnado que renunciasen á avaliación continua deberán realizar un único exame na data oficialmente establecida no calendario da EME onde se avaliarán os contidos tratados en todas as metodoloxías mencionadas. Calendario de exames. Consulta/consulta actualizacións napáxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |