PROBAS DE AVALIACIÓN
A avaliación do rendemento do alumnado realizarase mediante dous tipos de probas:
PROBAS DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Dúas probas escritas durante o cuadrimestre.
EXAME FINAL
Un exame final de toda a materia na primeira oportunidade (xaneiro) e na segunda (xuño/xullo) nas datas fixadas pola Escola.
MODALIDADES DE AVALIACIÓN
Haberá dúas modalidades de avaliación:
1.- AVALIACIÓN CONTINUA: Cada proba escrita a metade do cuadrimestre suporá un 30% e o exame final/recuperación o 40%.
2.-AVALIACIÓN GLOBAL: O exame final contará o 100%.
Nota: Realizarase un único exame final que será o mesmo independentemente da modalidade de avaliación aplicable en cada caso.
Procedemento de elección da modalidade de avaliación (continua/global):
O alumnado ten dereito a elixir o sistema de avaliación que mellor se adapte ás súas circunstancias. Nesta materia, a elección poderá realizarse en calquera momento, aínda que teñan superadas todas as probas de avaliación continua.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN POR DEFECTO
O problema da elección por parte do alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou doutra maniféstase de forma máis dramática no caso dos estudantes que realizan o exame final e, obtendo nela exactamente a mesma nota (por exemplo, un 6), se supera por ter escollido a avaliación global e a outra suspenso por ter optado pola avaliación continua e só ter obtido un 4,2 sobre 10 na media das dúas probas de avaliación continua.
Para paliar esta contradición derivada da aplicación da normativa, nesta materia computaranse dúas cualificacións para cada alumno/a e a cada alumno/a asignarase a máis alta das dúas.
FÓRMULA COMBINADA PARA A NOTA FINAL DE CURSO
No espírito do parágrafo anterior, a cualificación final da materia asignarase a todos os alumnos/as mediante a seguinte fórmula:
NF = máximo {0,6*NEC + 0,4*NEF, NEF + (1/20)*NEC*(10-NEF)},
onde NEC é a media das dúas probas de avaliación continua (no rango 0-10) e NEF é a nota do exame final (tamén superior a 10).
Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: