Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
 Materias
  Expresión gráfica: Expresión gráfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Este traballo (T) tratará de aplicar a normativa á análise e
definición dun obxecto. A asistencia ao seminario e horas de clase
programadas para esta tarefa, serán obrigatorias. Resultados
previstos na materia:
Coñecer o proceso de elaboración e interpretación do debuxo de
conxunto, lista de pezas e despezamento dun mecanismo. Adquirir
as destrezas necesarias para realizar representacións a man
alzada. Adquirir as destrezas
necesarias para realizar representacións utilizando aplicacións
informáticas de deseño asistido por computador
25 A1
A2
A3
A4
A5
C2
D1
D3
D4
D5
D7
D10
Exame de preguntas obxectivas Realizaranse dúas Probas de Resposta Curta (PRC1 e PRC2, cada
unha cun 25% da cualificación da materia) sobre os contidos
teórico
prácticos desenvolvidos nas sesións maxistrais. A primeira proba
comprende a primeira metade dos contidos e a segunda correspóndese coa segunda metade.
Resultados previstos na materia:
Comprender os aspectos básicos dos sistemas de representación e a súa aplicación nas actividades de enxeñaría.
50 A1
A2
A3
A4
A5
C2
D1
D3
D5
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento Realizaranse dúas probas de resolución de problemas (RP1 e RP2,
cada unha cun peso do 12,5% da cualificación total da materia),
mediante debuxo a man alzada,
instrumentos clásicos utilizando un sistema CAD, segundo o caso.
Resultados previstos na materia: Saber representar un terreo a
partir dunha nube de puntos.Coñecer o proceso de elaboración e interpretación
do debuxo de conxunto, lista de pezas e despezamento dun
mecanismo.Coñecer as
técnicas para avaliar a orientación de capas e pliegues utilizando
proxección estereográfica.Adquirir as destrezas necesarias para
realizar representacións a man alzada.Adquirir as destrezas necesarias
para realizar representacións utilizando aplicacións informáticas de
deseño asistido por computador
25 A1
A2
A3
A4
A5
C2
D1
D3
D5
D7
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Continua - Primeira Oportunidade

- A avaliación continua realízase a través dos 5 elementos de avaliación (PRC1, PRC2, RP1, RP2, T) realizados ao longo do curso e antes do exame final. A materia superarase mediante a obtención dunha nota superior ou igual a 5 na suma S =PRC1 + PRC2 + RP1 + RP2 + T, sempre que en cada un destes elementos de avaliación se acade polo menos o 30 % do seu valor individual.

- Se S resultase inferior a 5 puntos, ou no caso de non acadar o mínimo nalgún ou varios dos PRC1, PRC2, RP1, RP2, o alumnado poderá ser examinado para ese elemento ou aqueles elementos de avaliación do seu interese no exame final da data oficial.

- En caso de non acadar o mínimo en T, RP1 e RP2 comezan a ter un peso do 25% cada un.

Avaliación Continua - Segunda Oportunidade

- Se despois da Avaliación Continua - Primeira Oportunidade non se acadara o mínimo nalgún ou nalgúns dos PRC1, PRC2, RP1, RP2, ou no caso de que non se acadaran 5 puntos na suma de todos os elementos de avaliación, o alumnado poderá examinar o elemento ou elementos de avaliación do seu interese no exame final na data oficial de Segunda Oportunidade.

- No caso de non ter alcanzado o mínimo en T, RP1 e RP2 comezan a ter un peso do 25% cada un.

Avaliación global - Primeira oportunidade

- O exame final consistirá nunha proba escrita de catro partes, paralelas ás PRC1, PRC2, RP1, RP2 descritas no apartado anterior. Cada unha destas partes vale, neste exame, un 25% da nota final.

- A materia superarase mediante a obtención dunha nota superior ou igual a 5 sumando as puntuacións das catro partes, sempre que en cada unha delas se acade polo menos o 30 % do seu valor individual. Se se obteñen 5 puntos ou mais, pero non se cumpre o mínimo nalgún lugar, a nota final será de 4 puntos.

Avaliación global - Segunda oportunidade

- O exame final consistirá nunha proba escrita de catro partes, paralelas ás PRC1, PRC2, RP1, RP2 descritas no apartado anterior. Cada unha destas partes vale, neste exame, un 25% da nota final.

- A materia superarase mediante a obtención dunha nota superior ou igual a 5 sumando as puntuacións das catro partes, sempre que en cada unha delas se acade polo menos o 30 % do seu valor individual. Se se obteñen 5 puntos ou mais, pero non se cumpre o mínimo nalgún lugar, a nota final será de 4 puntos.

- Se despois da Avaliación Global - Primeira Oportunidade non se acadara o mínimo nalgún ou nalgún dos PRC1, PRC2, RP1, RP2, ou no caso de que non se acadaran 5 puntos na suma de todos os elementos da avaliación, o alumnado poderá examinar o elemento ou elementos de avaliación do seu interese no exame final na data oficial de Segunda Oportunidade.

Calendario de exames.Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000