Avaliación continua en primeira oportunidade Ó longo do cuadrimestre o
estudantado realizará prácticas de laboratorio, un traballo tutelado e un
exame, sumando entre todos unha puntuación do 60% do total. O 40% restante da
materia será avaliado na data oficial fixada polo centro, nun exame de
preguntas obxectivas e resolución de problemas. Para superar a materia será
necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as
actividades avaliables de 5 puntos, acadar un mínimo do 40% da
nota máxima de cada unha das partes de cada exame (teoría e problemas) e un
mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das outras actividades
avaliables (prácticas e traballo tutelado). Se nalgunha das probas non se
alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5
puntos, a nota que aparecerá na acta será de suspenso (4 puntos). Avaliación continua en segunda oportunidade Mantense a nota acadada nas
prácticas de laboratorio e no traballo tutelado. Realizarase un exame de
preguntas obxectivas correspondente co 40% (4 puntos) da nota e un exame de
problemas correspondente co 20% (2 puntos) da nota. Para superar a materia será
necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as
actividades avaliables de 5 puntos e acadar un mínimo do 40% da
nota máxima correspondente a cada apartado (preguntas obxectivas, resolución de
problemas, traballo tutelado e prácticas). Se nalgunha das probas non se
alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a
nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Avaliación global: O alumnado que renuncie á avaliación
continua será avaliado sobre todo o contido da materia (teoría, resolución de
problemas e prácticas) que corresponderá co 100% da nota global. Para superar a
materia será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a
cada unha das partes (teoría, resolución de problemas e prácticas). Se nalgunha
das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é
superior a 5, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). |