Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Uso eficiente da enerxía eléctrica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A avaliación da parte práctica de laboratorio realizarase de forma continua (sesión a sesión). A asistencia a prácticas é obrigatoria (mínimo do 80%).
Os elementos de avaliación son: - Asistencia. -Puntualidade. - Preparación previa das prácticas. - Utilización correcta do material. -Resultados entregados por cada estudante, ou grupo de estudantes, ao finalizar cada práctica e/ou resultados dos cuestionarios que se poidan expor na realización das mesmas.
A non asistencia a unha sesión de prácticas supón que será puntuada con 0 puntos. Unha asistencia a clases de practicas inferior ao 80% supón que a nota total de prácticas sexa de cero puntos.
Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte.
Nesta metodoloxía trataranse todos os resultados previstos na materia
20 C28
C43
Traballo tutelado A realización do traballo é obrigatoria e a avaliación do mesmo terá duas compoñentes: unha correspondente á memoria do traballo realizado e a outra correspondente á exposición e defensa do mesmo. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40% sobre a nota máxima nesta parte.
Nesta metodoloxía trataranse todos os resultados previstos na materia
20 B1
B3
C28
C39
C46
D1
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Avaliarase mediante dúas probas (cun peso do 20% da nota global cada unha): unha realizarase na data oficial que estableza o centro e a outra durante o cuadrimestre. A avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado farase de forma individual e sen a utilización de ningún tipo de fonte de información, mediante exames de preguntas obxectivas sobre toda a materia teórica impartida no cuadrimestre. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte.
Nesta metodoloxía trataranse todos os resultados previstos na materia
40 B1
B5
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba escrita na que se avaliará a aplicación práctica dos coñecementos teóricos á resolución de problemas tipo. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte.
Nesta metodoloxía trataranse todos os resultados previstos na materia
20 B1
B3
C28
C43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua en primeira oportunidade

 Ó longo do cuadrimestre o
estudantado realizará prácticas de laboratorio, un traballo tutelado e un
exame, sumando entre todos unha puntuación do 60% do total. O 40% restante da
materia será avaliado na data oficial fixada polo centro, nun exame de
preguntas obxectivas e resolución de problemas. Para superar a materia será
necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as
actividades avaliables de 5 puntos, acadar un mínimo do 40% da
nota máxima de cada unha das partes de cada exame (teoría e problemas) e un
mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das outras actividades
avaliables (prácticas e traballo tutelado). Se nalgunha das probas non se
alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5
puntos, a nota que aparecerá na acta será de suspenso (4 puntos).

Avaliación continua en segunda oportunidade

 Mantense a nota acadada nas
prácticas de laboratorio e no traballo tutelado. Realizarase un exame de
preguntas obxectivas correspondente co 40% (4 puntos) da nota e un exame de
problemas correspondente co 20% (2 puntos) da nota. Para superar a materia será
necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as
actividades avaliables de 5 puntos e  acadar un mínimo do 40% da
nota máxima correspondente a cada apartado (preguntas obxectivas, resolución de
problemas, traballo tutelado e prácticas). Se nalgunha das probas non se
alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a
nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos).

 Avaliación global:

O alumnado que renuncie á avaliación
continua será avaliado sobre todo o contido da materia (teoría, resolución de
problemas e prácticas) que corresponderá co 100% da nota global. Para superar a
materia será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a
cada unha das partes (teoría, resolución de problemas e prácticas). Se nalgunha
das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é
superior a 5, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000