Nesta materia abordaranse os conceptos fundamentais de representación aplicados a través de ferramentas CAD. O CAD 2D permitirá a representación plana dos obxectos, utilizando os coñecementos adquiridos na materia Expresión Gráfica e afondando en aspectos como a anotación, a xestión de capas e bloques e os procedementos de impresión tanto en formato papel como en formato dixital. Por outra banda, co traballo en 3D preténdese que o estudantado realice modelos 3D de pezas e conxuntos mecánicos para o seu posterior proceso de fabricación a través de programas especializados en impresión 3D.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.