Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Deseño asistido por ordenador
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Teoría: As probas serán de tipo test ou de resposta curta. A nota mínima correspondente á avaliación desta metodoloxía é de 5.

Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia
20 D2
Prácticas de laboratorio O/A estudante realizará un caderno de prácticas, onde deberá resolver en CAD 2D unha serie de figuras propostas. A nota mínima correspondente á avaliación desta metodoloxía é de 5.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia
20 B3
Aprendizaxe baseado en proxectos Un grupo de alumnos/as resolverá un modelo 3D proposto polo equipo docente. A nota mínima correspondente á avaliación desta metodoloxía é de 5.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia
30 D2
Traballo tutelado O/A estudante resolverá un traballo a proposta do equipo docente que consistirá en representar en CAD unha peza onde se aplicará o coñecemento adquirido nas clases de laboratorio. A nota mínima correspondente á avaliación desta metodoloxía é de 5.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia
30 C58
Exame de preguntas obxectivas Inclúese un exame global para o alumnado que suspenda a avaliación continua ou solicite a renuncia a devandita avaliación.
Con esta metodoloxía trabállanse todos os resultados previstos na materia
0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua
O exame teórico realizarase na clase nunha data acordada entre o equipo docente e o alumnado. O/a alumno/a superará a materia se supera as catro partes sinaladas cunha nota mínima de 5. No caso de que o alumnado non supere algunha das catro partes da materia, terá dúas oportunidades máis:
Proba de primeira oportunidade
O alumnado só examinará as partes non superadas na avaliación continua, debendo obter unha nota mínima de 5 para superar a materia. A data do exame será fixada polo centro.
Proba de segunda oportunidade
O alumnadoo examinarase en todas as partes da materia, deberá obter unha nota mínima de 5 para aprobar a materia. A data do exame será fixada polo centro.
Avaliación global
O alumnado que renuncie á avaliación continua ou non aprobase nesta modalidade de avaliación terá a posibilidade de realizar unha proba de avaliación global na que poderá acadar o 100% da cualificación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000