Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Tecnoloxía de combustibles alternativos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición de contidos mediante presentación e/ou explicación por parte do profesorado en sesións de 2 h por semana até un total das 30 h que indica a guía docente.
Nas sesións se intercalarán preguntas curtas, estudos de casos e cuestións como a interpretación científica de noticias de actualidade.
Saídas de estudo No noso caso son visitas a industrias que serven de apoio á docencia presencial. O alumnado pode comprobar a aplicación real dalgúns aspectos apresos nas clases teóricas ou no laboratorio, analiza outras formas de traballar, toma conciencia das dimensións e funcionamento dos equipos, achegándose á realidade industrial. Estas visitas están planificadas adecuadamente cos contidos da materia.
Prácticas de laboratorio De forma xeral, en cada unha das prácticas o estudantado realizan a parte experimental en grupos de dous ou tres membros para favorecer o traballo en equipo; así como, para simplificar a toma de datos experimentais. En cada un dos postos do laboratorio o alumnado dispón dun guion que favorece o seguimento das instrucións que se dan no mesmo, tomando os datos experimentais que se indiquen e, aplicando as expresións matemáticas correspondentes ao fundamento teórico no que se basea o desenvolvemento experimental. Así, cada unha das prácticas que desenvolve o alumnado, divídese en catro pasos, organizándose o período de experimentación (presencial, P) e as sesións non presenciais (NP): Contextualización polo profesorado; e Experimentación, Realización de cálculos e Realización de informe polo grupo de traballo
Simulación Realizarase a simulación mediante software comercial dun proceso de produción dun biocombustible en grupos de varios estudantes. Esta metodoloxía é o colofón ao proceso de aprendizaxe tras a adquisición do fundamento teórico na lección maxistral, a experimentación nas prácticas de laboratorio e a visión industrial nas saídas de estudo.
Nesta actividade foméntase que o grupo busque bibliografía e lembre as instalacións e/ou equipos cos que se traballa na empresa. Unha vez recompilada toda a información, o estudantado realizará, coa supervisión do profesorado, o deseño da planta para obter unha visión integral da produción industrial.
Traballo tutelado Nesta actividade o persoal docente expón un problema real que deben resolver o estudantado en grupos de traballo nun tempo determinado. Para abordar a tarefa, é necesario que o estudantado leve a cabo as diferentes fases do proxecto, é dicir, que planifiquen, deseñen e executen unha serie de tarefas de forma coordinada e organizada, o que esixe a aplicación dos coñecementos adquiridos e un uso eficiente dos recursos dispoñibles.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000