AVALIACIÓN CONTINUA Realizaranse unha serie de probas parciais que serven para liberar contido do exame final establecido no calendario do centro. O alumnado que curse a materia por esta modalidade deberá entregar cuberta e con fotografía a ficha de alumno/a antes do primeir parcial. O alumnado que suspenda algún parcial só poderá recuperar esa parte nesta convocatoria. De non conseguilo, deberá presentarse á convocatoria de segunda oportunidade coa materia completa. Os exames parciais inclúen unha parte de teoría (clases maxistrais) e problemas. A asistencia ás prácticas de laboratorio non é obrigatoria, pero representa un 10% da nota de avaliación continua (revisión de entregables en cada práctica). Os traballos tutelados conforman o 10% da avaliación continua, quedando o exame final (90%) exento deste temario. A nota do traballo só se sumará á nota global unha vez superado o exame final ou todos os exames parciais. Se a nota media global sen traballo é superior a 5 pero non se superaron todas as probas parciais, a nota da acta será de 4,9 (suspenso). AVALIACIÓN GLOBALO alumnado que renuncie á avaliación continua terá dereito a un exame final cunha puntuación do 100%, cuxo contido virá determinado polo temario das clases maxistrais (teoría), a resolución de problemas, prácticas e unha proba sobre o contido das memorias dos traballos supervisados dos seus compañeiros/as. SEGUNDA OPORTUNIDADEO alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a realizar outro exame final cunha puntuación do 100 % na data establecida no calendario oficial do centro. Calendario de exames. Verificar/consultar información actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes |