- É moi importante que o estudantado manteña actualizado o seu perfil na plataforma MooVi da materia, pois calquera comunicación colectiva relativa á mesma realizarase a través do foro de noticias asociado. As comunicacións individuais realizaranse a través da dirección de correo persoal que figure no perfil.
- O alumnado poderá consultar calquera dúbida relativa as actividades asignadas ao grupo de traballo ao que pertencen nas horas de titorías ou a través dos medios relacionados no apartado de Atención personalizada.