1.
Avaliación continua Primeira oportunidade: A avaliación continua realizarase ao longo do
cuadrimestre e terá unha parte de avaliación de contidos teóricos (70% de nota
final) e outra das prácticas de laboratorio (30% da nota final). A parte teórica da materia avalíase mediante tres exames
parciais que se realizarán dentro do horario asignado ás aulas lectivas das
materias. O peso de cada exame é do 23.3% da nota final. A nota de teoría (T)
obterase da media das notas dos tres exames parciais. Respecto a as prácticas de laboratorio, o alumnado será
avaliado en todas as sesións de prácticas e obterá unha nota por cada práctica.
As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. A nota de laboratorio (L)
obterase da media das notas das prácticas. A cualificación L obtida en
prácticas conservarase durante dous cursos académicos se o estudante non
superase a materia no curso actual. A cualificación de avaliación continua (C) calcularase como: C = 0,7 x T + 0,3 x L Para superar a materia por avaliación continua, tanto L
como C teñen que ser maior ou igual a 5 puntos sobre 10. No caso de que L sexa
inferior a 5, a cualificación máxima de avaliación continua (C) será 4.5. O alumnado que non superase a avaliación continua durante
o cuadrimestre, poderá recuperar a parte teórica na data establecida pola
Xefatura de Estudos para o exame final de primeira oportunidade. Neste caso o
alumnado realizará un exame que versará sobre todos os contidos teóricos da
materia. A nota obtida neste exame substituirá a T obtida durante as
avaliacións parciais do cuadrimestre. Segunda oportunidade: O alumnado que non superase a avaliación continua na
primeira oportunidade poderá realizar un exame de todos os contidos teóricos da
materia na data prevista para os exames de segunda oportunidade. A nota obtida
neste exame substituirá a T obtida na primeira oportunidade. A cualificación de avaliación continua (C) calcularase da
mesma forma que na primeira oportunidade: C = 0,7 x T + 0,3 x L 2.- Avaliación global O alumnado que queira optar polo método de avaliación
global deberá solicitalo mediante correo electrónico ao profesorado responsable
da materia nun prazo máximo dun mes antes da finalización do cuadrimestre. Quen opte por avaliación global tamén terá dúas
oportunidades de avaliación, primeira e segunda oportunidade. En ambos os casos
a avaliación consistirá en dous exames, un da parte teórica da materia cun peso
de 70% e outro da parte práctica de laboratorio cun peso do 30%. O exame teórico será unha proba escrita cunha duración de
dúas horas e a de laboratorio terá unha duración dunha hora e realizarase no
laboratorio de prácticas asignado á materia. Para superar a materia mediante avaliación global, será
necesario obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10, tanto na proba escrita como
na proba de laboratorio. Calendario de exames: pueden consultarse en la página web del centro http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames |