Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Mecánica de fluídos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Mecánica de fluídos Código V09G291V01204
Titulación
Grao en Enxeñaría da Enerxía
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos
Coordinador/a
Vence Fernández, Jesús
Molares Rodríguez, Alejandro
Correo-e jvence@uvigo.es
a.molares@uvigo.es
Profesorado
Molares Rodríguez, Alejandro
Vence Fernández, Jesús
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral A materia de Mecánica de Fluídos ten un carácter básico, onde se aplican os principios fundamentais da física e a mecánica á materia fluída. Trátase de que os alumnos/as da titulación dos graos en enxeñaría da enerxía e recursos mineiros e enerxéticos, adquiran os coñecementos e ferramentas necesarias para saber analizar e comprender problemas fluídos de distinta categoría, para servir de apoio a outras materias do plan de estudos relacionadas coas propiedades e o movemento dos fluídos, de carácter tanto básico como máis orientadas a problemas reais no campo da enxeñaría. Foméntase así mesmo o desenvolvemento de habilidades e competencias xenéricas como o traballo en equipo e a aprendizaxe autónoma.
A Mecánica de Fluídos describe os fenómenos físicos relevantes do movemento dos fluídos, describindo as ecuacións xerais dos devanditos movementos. Este coñecemento proporciona os principios básicos necesarios para analizar calquera sistema no que o fluído sexa o medio de traballo. O campo de aplicacións da Mecánica de Fluídos en enxeñaría é moi amplo: transporte de fluídos en conducións, aeronáutica, motores, barcos, fluxos biolóxicos, etc. Os principios da Mecánica de Fluídos son necesarios para campos tan diversos como:
- Deseño de maquinaria hidráulica.
- Lubricación.
- Sistemas de calefacción e ventilación, calor e frío.
- Deseño de sistemas de tubaxes.
- Medios de transporte: transmisión, climatización, sistema de escape, aerodinámica e hidrodinámica, refrixeración, etc.
- Aerodinámica de estruturas e edificios
- Centrais térmicas e de fluídos de produción de enerxía convencionais e renovables
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000