Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Entrega dun informe/cuestionario e/ou realización dunha proba oral de polo menos dúas prácticas experimentais/TIC ao longo do curso.

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica. Coñecer os procesos experimentais máis utilizados cando se traballa con fluxos de fluídos. Dominar as técnicas actuais dispoñibles para a análise de fluxos de fluídos. Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C15
D5
Resolución de problemas Trátase de dúas probas de avaliación continua que se realizarán ao longo do curso escolar. Consistirán en exercicios escritos/probas de resolución de problemas. Cada un terá un peso do 12,5% da nota total. Consulta a metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a avaliación".
RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e a Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
C15
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá en dúas probas escritas que poderán consistir en: cuestións teóricas/prácticas que inclúan resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Cada proba representará o 12,5% da nota total. Para máis información, consulta a metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a avaliación".

RESULTADOS PREVISTOS NA MATERIA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
25 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
B5
C15
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba coincidirá co exame oficial establecido no calendario do centro. Consistirá nunha proba escrita para a resolución de exercicios/problemas. Consulta metodoloxía detallada no apartado "outros comentarios sobre a avaliación"

RESULTADOS PREVISTOS NA MATEIRA:
Comprender os aspectos básicos da Mecánica de Fluídos e Hidráulica. Capacidade para a aplicación deses coñecementos básicos na resolución de problemas de Mecánica de fluídos e hidráulica.Adquirir habilidades sobre o proceso de análise dos problemas industriais onde o fluído é o medio de traballo.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B4
C15
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A/O alumna/o
poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua)
dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola, e en
calquera caso de acordo á normativa vixente.

O problema da
elección polo alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou outra, de acordo cos
pesos máximos estipulados, maniféstase de forma máis dramática no caso de dous
alumnos/as que realizan o exame/reválida final e, obtendo exactamente a mesma
cualificación nel (por exemplo, un 6), un/unha aproba por ter elixido a avaliación
global e o/a outro/a suspende por ter elixido a avaliación continua e obter só un
4.2 sobre 10 na media das probas de avaliación continua.

Para mitigar esta
contradición da normativa no caso de optar por facer unha proba final de
reválida, nesta materia calcularanse para cada estudante en modalidade de
avaliación continua, dúas notas e asignaráselle a máis alta das dúas.

Modalidade
Avaliación Continua

No calculo da
cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que terán os
seguintes pesos:

·        
Primeira
proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións
teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a
desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

·        
Segunda
proba parcial de avaliación continua, peso: 25%. Proba consistente en cuestións
teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a
desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

·        
Proba
final de avaliación continua (reválida), peso: 40%. Proba consistente en
cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou
tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.

·        
Prácticas,
peso: 10%. Entrega dunha memoria/informe/cuestionario e/ou realización de proba
oral de a lo menos dúas prácticas experimentais/TIC a realizar ao longo do
curso.

 

No espírito do
parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante
a seguinte fórmula:

Nota-Actas = máx
{0.6 NC + 0.4 NF, NF + (1/20)NC(10 - NF)}

onde NC é a media
ponderada das probas de avaliación continua e as prácticas (no rango de 0 a 10)
e NF é a nota do exame final de reválida (tamén sobre 10).

 Modalidade
Avaliación Global

Farase un exame
final na data oficial aprobada en xunta de escola, puntuación máxima: 100%

 Segunda
oportunidade

Na convocatoria
de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía
que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final
para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario
seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto,
gárdase a nota das probas parciais e de prácticas.

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000