CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA O alumnado poderá realizar (segundo as circunstancias do curso) un máximo de 3 avaliacións que terán parte de preguntas e parte de resolución de problemas coas que poderá obter a nota global. Isto implica que aqueles alumnos/as que suspendan as probas convocadas durante o cuadrimestre poderán presentarse ao exame de primeira oportunidade para a súa recuperación. Para acceder ás probas de avaliación continua será necesario ter asistido
polo menos ao 75% das clases. Polo tanto: - Parcial 1 (30% da nota): Proba tipo test. - Parcial 2 (35% da nota): Proba de programación nas aulas de informática.
Só se utilizarán ordenadores de laboratorio. - Parcial 3 (35% da nota): Proba de programación nas aulas de informática.
Só se utilizarán ordenadores de laboratorio. As probas ás que non se asisten, NON tendo renunciado á avaliación continua
en prazo, cualificaranse cero (0,0 sobre 10). Fórmula de avaliación: parcial 1 (>= 3,0)*0,30 + parcial 2 (>=
3,0)*0,35 + parcial 3 (>= 3,0)*0,35 >= 5,0 Se unha persoa non desexa ser sometida ao sistema de avaliación continua,
poderá renunciar expresamente no prazo establecido. Nese caso realizarase
un exame global da materia, na data e hora definidas pola EEME, que suporá o
100% da nota. CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBALEn caso de renuncia á avaliación continua, proponse unha avaliación que incluirá o 100% da materia, incluíndo unha parte de preguntas e outra de resolución de problemas, e que se realizará na data oficial que se detalla no calendario da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. CONSIDERACIONES SEGUNDA OPORTUNIDADEAqueles/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade, tanto pola modalidade de avaliación continua como pola de avaliación global, terán a opción de realizar un exame de segunda oportunidade segundo o establecido no calendario do centro. Calendario de exames. Verificar/consultar información actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes |