Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, cando menos, a un 75 % das clases presenciais. - Primeira oportunidade de exame:
1.- Os/as alumnos/as que se someten a avaliación continua serán avaliados/as
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación
continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de
casos (40%). A proba tipo test e a proba práctica relativa ao estudo de
casos se farán en datas diferentes.
2.- Para os/as alumnos/as que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos/as do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun exame final e unha proba que permita
avaliar a adquisición de competencias, nas mesmas condicións que os/as estudantes
que se acollen ao sistema de avaliación continua. Neste caso, a avaliación consiste nun exame teórico de entre 3 e 4 preguntas de desenvolvemento que
supón un 70% da nota final, e un exame práctico que supón un 30%
da nota final.
- Segunda oportunidade de exame:
1.- No exame de xullo os/as alumnos/as que se sometesen ao sistema de avaliación
continua conservarán a nota que obtivesen no curso.
2.- Para os/as alumnos/as que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos/as do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun exame final e unha proba que permita
avaliar a adquisición de competencias, nas mesmas condicións que os/as estudantes
que se acollen ao sistema de avaliación continua. Neste caso, a avaliación consiste nun exame teórico de entre 3 e 4 preguntas de desenvolvemento que
supón un 70% da nota final, e un exame práctico que supón un 30%
da nota final. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade. |