Código |
Descrición |
B1 |
CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento. |
B2 |
CON-02 Describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses. |
B3 |
CON-03 Identificar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social da persoa que exerce a avogacía ou a procura. |
B6 |
CON-06 Formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual. |
C1 |
HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional #ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. |
C2 |
HAB-02 Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos. |
C3 |
HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso. |
C4 |
HAB-04 Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais. |
D2 |
COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento. |