Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Vigo
 Materias
  Práctica Laboral e de Seguridade Social
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á investigación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento.
B2 CON-02 Describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses.
B3 CON-03 Identificar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social da persoa que exerce a avogacía ou a procura.
B6 CON-06 Formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual.
C1 HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional #ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
C2 HAB-02 Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdicional para a resolución de conflitos xurídicos.
C3 HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.
C4 HAB-04 Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais.
D2 COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nas distintas ordes xurisdicionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de constrinximento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000