1.- Para que o TFM poida ser presentado e defendido por o/a estudante e avaliado polo tribunal, é necesario que previamente sexa supervisado polo/a titor. 2.- A avaliación corresponderá ao Tribunal do TFM, que decidirá motivadamente conforme aos criterios establecidos no Regulamento para a Elaboración do Traballo de fin de Grado en Dereito conforme ao previsto na normativa reguladora da materia (http://abogaciavigo.webs.uvigo.es/gl/informacion/normativa).
As datas de depósito e defensa serán as aprobadas na Comisión Académica do Máster e na Xunta de Facultade.
|