Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, cando menos, a un 75 % das clases presenciais. - Primeira oportunidade de exame:
1.- Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación
continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de
casos (40%). 2.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun exame final e unha proba que permita
avaliar a adquisición de competencias, nas mesmas condicións que os estudantes
que se acollen ao sistema de avaliación continua.
- Segunda oportunidade de exame:
1.- No exame de xullo os alumnos que se sometesen ao sistema de avaliación
continua conservarán a nota que obtivesen no curso.
2.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun exame final e unha proba que permita
avaliar a adquisición de competencias, nas mesmas condicións caos estudantes
que se acollen ao sistema de avaliación continua". As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade. |