Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o presente curso. 1ª CONVOCATORIA (maio-xuño): Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas
de avaliación: a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación
continua, o/a alumno/a deberá acreditar a asistencia a un 80% das sesións
presenciais. A efectos de avaliación continua, consideraranse os aspectos seguintes: - Asistencia e participación activa do alumno nas sesións: 40% -Estudo colectivo de casos: 40 % - Resolución de problemas: 20% As tarefas serán realizadas ao longo do
correspondente período de docencia. A suxección ao sistema de avaliación
continua, mediante a realización de tarefas sinaladas, EXCLÚE A
POSIBILIDADE DE SOMETERSE AO SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL b)Avaliación final. Aqueles alumnos que non se acollan ao sistema de
avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha
proba escrita, relativa a todos os contidos, teóricos e prácticos, da materia.
Dito exame representará o 100% da nota final. 2ª CONVOCATORIA (xullo): Acudirán a convocatoria de xullo, aqueles alumnos que téndose sometido ao
sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación final, non superaran
a materia en primeira convocatoria. |