A) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN
CONTINUA: 1º Para que o alumno/a sexa avaliado polo
sistema de avaliación continua deberá asistir, como mínimo, ao 75% das sesións
da materia. O alumno/a que puntualmente por motivos imprevisibles e debidamente
xustificados non poida completar esta porcentaxe de asistencia, deberá comunicalo
por escrito ao respectivo/a coordinador/a da materia, e este/a valorará se a
puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se
lle indiquen. 2º Pola asistencia a clase o alumno/a
poderá obter ata un 40% da cualificación final. O 60% restante da cualificación
final resultará da avaliación dos traballos ou actividades establecidas polo
profesorado baixo supervisión do Coordinador/a da materia; en concreto, un 30% do estudio de casos e un 30% do exame de preguntas obxectivas. 3º Na convocatoria extraordinaria, o
alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo
do curso e, ademais, terá que presentarse a unha proba final, teórica e/ou
práctica que lle indicará o coordinador/a da materia. B) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN NON
CONTINUA: O alumno/a que non asista ao mínimo
do 75% das sesións da materia e que, no seu caso, non xustifique debidamente a
falta de asistencia puntual e imprevisible, poderá obter o 100% da cualificación
realizando unha proba final de avaliación, teórica e/ou práctica, que lle
indicará o coordinador/a da materia, na convocatoria ordinaria e/ou
extraordinaria fixada ao efecto, ademais de entregar os traballos ou
actividades esixidas na materia ao longo do curso, se así llo indicara o coordinador/a
da materia. C) PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas e horarios das probas de avaliación
especifícanse no calendario que para o curso aprobe ao efecto a Comisión Académica
do Máster, que se publican na páxina web do título. |