Dunha banda convén sinalar que, para a presentación e defensa pública do Traballo Fin de Grao, é requisito previo imprescindible superar todas a materias restantes do plan de estudos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos.
Doutra banda, sintetízase a continuación o Anexo III da Normativa interna do centro para a elaboración do traballo de fin de Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos (no que segue: NITFG). A NITFG está dispoñible en:
https://fccxxt.webs.uvigo.es/images/docs/facultade/normativa/tfg/Normativa_TFG.pdf
O devandito anexo contén ás normas de presentación dos Traballos de Fin de Grao:
- Os TFG poderán presentarse e defenderse en galego, castelán ou calquera outra lingua que contemple a memoria das titulacións.
- Os TFG que se presenten deberán conter necesariamente o plantexamento do tema, o seu desenvolvemento e as conclusións obtidas. Así mesmo, os TFG irán precedidos de tres apartados previos: un resumo (en castelán ou galego e inglés) seguido dunha listaxe de palabras clave do estudo (en castelán ou galego e inglés), unha listaxe de abreviaturas e un sumario global.
- Os traballos terán una extensión comprendida entre as 30 e 50 páxinas. Os anexos non se terán en conta no cómputo total de páxinas sinalado anteriormente.
- Os traballos deberán remitirse en letra Times New Roman tamaño 12 e terán entreliñado de 1,5. As notas ao pé de páxina terán tamaño 10 da mesma letra e entreliñado sinxelo (1,0).
- As marxes superior, inferior, esquerda e dereita do documento serán de 2,5 cm.
- A presentación deberá conter unha portada na que conste o título do traballo, a autor ou autor, a titora ou titor, o curso académico, a convocatoria e a titulación.
- Os epígrafes seguirán a enumeración árabe co seguinte formato: 1. Maiúscula grosa. 1.1 Minúscula grosa. 1.1.1 Minúscula grosa cursiva. a) Minúscula cursiva.
- As citas e referencias bibliográficas deben seguir as pautas máis comúns ás que se adaptan as investigacións xurídicas. O alumnado interesado atopara máis detalles sobre esta cuestión nás páxinas 21 e seguintes da NITFG.
- Nos TFG debe incluírse un epígrafe final no que se recolla toda a bibliografía, ordenada alfabeticamente, que se consultou para a súa elaboración.
- As notas ao pé irán incluídas ao longo do texto, segundo se vaian precisando, e non ao final do traballo. |