Para a presentación e defensa pública do Traballo Fin de Grao é requisito previo imprescindible superar a totalidade do resto das materias do plan de estudos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos As datas de defensa pública do Traballo Fin de Grao son aprobadas pola Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade. Igualmente, se comunicarán aos alumnos/as ao inicio de cada curso académico na plataforma Moovi. En relación coa avaliación, o actual sistema aprobado na Facultade de Ciencias Xurídicas indica que a defensa do traballo pode ter lugar ante un tribunal unipersoal, obtendo un máximo de 8 puntos, ou ante un tribunal colexiado na data prevista, puidendo obter un máximo de 10 puntos (resultantes de puntuar unha serie de aspectos previstos na normativa de TFG). |