CONVOCATORIA COMÚN MAIO/XUÑO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final). DATA EXAMEN: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da facultade. a) Avaliación continua. Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-, se permita xustificar a ausencia. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO TEST - EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE
Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚITMA PROBA. DE NON OBTERSE UN 4, A
CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA,
AÍNDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE
APLICARÁ A MESMA REGRA. b) Avaliación final. O estudantado que non se acollan ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final, computando o 70 % a parte teórica e o 30 % a parte práctica. CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2ª oportunidade): DATA EXAME :aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da facultade Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumando tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: DATA DE EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publcada na web da Facultade. Na convocatoria fin de carreira o estudantado será avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico e que representará o 100% da nota final (70 % parte teórica e 30 % parte práctica). |