"Práctica fiscal" é unha materia do segundo cuadrimestre do cuarto curso do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos que ten por finalidade o estudo da ordenación xurídica dos ingresos e gastos públicos, así como das relacións xurídicas que xorden entre a Administración e os contribuíntes.
A materia obxecto de estudo estrutúrase en cinco grandes apartados nos que se profundizará en cuestións xa vistas tanto na parte xeral coma na parte especial de Dereito financeiro e tributario. Pretende ser unha continuación necesaria das referidas materias.