Avaliación continua Para poder optar a este tipo de avaliación, será precisa a asistencia ao 80% das clases. Para a superación da asignatura requírese ao menos obter a calificación de 5 puntos sobre 10 en ambas probas de resposta curta e na entrega de casos. No caso de non superar a avaliación continua poderá presentarse coa parte que se teña suspensa nos exames de convocatorias oficiais: xuño e xullo. Non se gardarán partes para outros anos académicos. Avaliación non continua En todo caso, nas datas oficiais haberá un exame que terá tres partes, e que se correponderán coas tres partes da avaliación continua e manterán o peso correspondente. É necesario obter 5 puntos sobre 10 en cada parte do exame. Na convocatoria fin de carreira haberá un único exame con varias partes e haberá tanto preguntas teóricas como preguntas de aplicación como un mini-caso ou frase a comentar para avaliar esa parte práctica e que permitirá obter o 100% da nota. Neste caso non é preciso ter un mínimo en cada parte. As datas dos exámenes está aprobadas por Xunta de Facultade e publicadas na páxina web e nos taboleiros do centro. Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d2
4eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) En concreto, advírtese ao estudantado sobre o uso ético e correcto de calquera Intelixencia Artificial, o cal implica incluír no texto unha mención explícita da interacción cunha intelixencia artificial, así como o extracto esencial de dita interacción, indicando qué IA se utilizou en calquera entrega que sexa avaliada a través da plataforma Moodle. Ademais, requírese unha reflexión crítica sobre dita interacción. A omisión destes detalles sobre a interacción considerarase un comportamento non ético que pode dar lugar a penalizacións nos puntos outorgados nesa proba. |