Seminario |
Participación e intervención nas clases prácticas, a preparación dos supostos prácticos, a
realización de cuestionarios na plataforma faitic, a asistencia a actividades formativas organizadas
pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á
marxe das probas obxectivas parciais e finais. |
Estudo de casos |
Formulación e resolución de casos prácticos ao fin de levar á práctica os contidos teóricos da
materia. A tal efecto, o docente proporá ao alumnado a resolución de feitos, supostos, casos,
sentenzas, etc, coa finalidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos, así como reflexionar sobre
os mesmos, contrastar datos, completar os seus coñecementos e adestrarse en procedementos
alternativos de solución. |