CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final) DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade.
a) Avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar unha asistencia a un 80 % das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-, se permita xustificar a ausencia. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DE OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO TEST -EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PUIDENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.
b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final, computando o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica.
CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2ª oportunidade) DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade. Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica. CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade. Na convocatoria fin de carreira o/a alumno/a sera avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico que representará a 100% da nota final (70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).
|