1.- O sistema de avaliación será o de avaliación continua. 2.- A estes efectos, ao longo do curso encomendaranse ao
alumnado distintas actividades prácticas e un seminario relacionado coas materias
propias da asignatura. Esta información será recollida no cronograma, documento máis flexible que a presente guía docente, que estará a disposición dos estudantes e no que constará a información relativa ás diferentes probas a realizar coas súas datas correspondentes. 3.- Para acollerse ao sistema de avaliación continua o
alumno/a terá que asistir regularmente a clase. Para estes efectos,
realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a
incumpriu este requisito se acumula máis de dúas faltas de asistencia sen
xustificar. 4.- Entenderase que un alumno/a acóllese ao sistema de
avaliación continua cando realice algunha das probas ou actividades
programadas. Non resulta posible renunciar á avaliación continua unha vez
realizada algunha das probas ou actividades. 5.- O alumnado que non se acolla ao sistema de sistema de
avaliación continua terá que realizar un exame final, que combinará preguntas
teóricas e prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota. 6.- Para unha maior concreción das actividades de carácter
práctico, remitimos ao alumnado ao cronograma da asinatura que estará
disponible en Moovi ao comenzo do cuadrimestre. 7.- Datas dos exames: As aproba a Xunta de Facultade e
publica na web da Facultade. 8.- A guía docente queda programada polos docentes da área, se ben calquera cuestión relacionada con ela poderá ser discutida cos mesmos. |