=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Tanto a docencia como a avaliación da materia están deseñadas para adaptarse ás tres modalidades docentes previstas: presencial, non presencial ou mixta.
En cada caso, a única diferencia será que o alumno estaría nuns casos con presencia física ou, noutros, con presencia telemática.
Polo tanto, non haberá diferencias nin de avaliación nin de planificación docente, independentemente do escenario que nos plantexe a pandemia.
|