Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 4 sobre 10 no exame de preguntas de desenvolvemento, que poderá ser oral ou escrito. Suporá o 40% da avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non participen no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final que implicará un examen oral, que suporá o 60% da avaliación, e a resolución dun suposto práctico, que suporá o 40% da avaliación. O alumnado gozará de atención personalizada nas tutorías individualizadas nos días e as horas establecidas, que se darán a coñecer ao alumnado ao comezo do período lectivo. Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades: (a) Os/as alumnos/as presenciais serán avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso. (b) Os/os alumnos/as que se presentasen á avaliación final e non a superasen, deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa totalidade. Convocatoria fin de carreira: A avaliación constará de preguntas orais e do desenvolvemento dun caso práctico. |