MOI IMPORTANTE: O alumnado que opte pola modalidade de AVALIACIÓN CONTINUA deberá participar con regularidade (asistencia presencial dun 90 %) nas sesións prácticas e na elaboración e presentación do traballo en equipo. As posibles faltas de asistencia deberán comunicarse previamente ó profesor e deberán ser sempre xustificadas. O alumnado que NON opte pola modalidade de Avaliación Continua deberá contactar canto antes persoalmente (entrevista presencial ou no despacho virtual) co profesor da materia para acordar as pautas de traballo na materia. Tamén deberá seguir con atención ás indicacións sinaladas polo profesor na plataforma digital MOOVI. Proba Final para o alumnado que participou e superou a Avaliación Continua durante o curso: - Tanto na primeira como na segunda convocatoria o alumnado realizará unha proba final (escrita/presencial ou oral/virtual) de entre 2 e 4 preguntas de desenvolvemento. Esta proba suporá o 40 % da calificación final, e versará sobre os contidos expostos durante as sesións teóricas. Para facer media coa nota obtida na Avaliación Continua, o alumnado debe acadar na proba unha nota mínima de 4 (sobre os 10 puntos posibles). Proba Final para o alumnado que non participou ou non superou a Avaliación Continua durante o curso: - É moi oportuno que o alumnado que non poida participar na Avaluación Continua poida poñerse canto antes en contacto co profesor da materia (no seu despacho - presencial ou virtual - por e-mail, ou mediante a plataforma virtual) para recibir as indicacións mais importantes que permitan organizar o traballo da materia. O alumnado deberá superar cunha nota mínima de 5 unha proba de 4 ou 5 preguntas de desenvolvemento, coa que poderá acadar o 100 % da calificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases teóricas como das probas prácticas realizadas durante o curso. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións inter-persoais. Para o alumnado que non superou a Proba Final, pero si a Avaliación Continua: - Poderá manter a nota obtida na Avaliación Continua para o curso seguinte, pero deberá superar a Proba Final (escrita/presencial ou oral/virtual) cunha nota mínima de 5 puntos (sobre 10). Para o alumnado da convocatoria Fin de Carreira: - O alumnado deberá superar cunha nota mínima de 5 unha proba de preguntas de desenvolvemento, coa que poderá acadar o 100 % da calificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases teóricas como dos contidos prácticos. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónomo, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións inter-persoais. DATAS SINALADAS PARA AS PROBAS FINAIS (escritas/presenciais ou orais/virtuais): As
datas e horarios das probas de Avaliación Final das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de Avaliación aprobado pola Xunta de Facultade
para o curso 2024-2025. Tamén serán comunicadas coa debida antelación a través da plataforma virtual da Uvigo. |