Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Faranse exercicios e/ou controis periódicos de avaliación. 40 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
Resolución de problemas de forma autónoma Faranse un examen de avaliación sobre cuestiones do temario 20
Exame de preguntas obxectivas Proba de avaliación con respostas tipo test 40 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (EC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (EG). A avaliación por defecto é a EC. O alumnado poderá elixir EG segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro ou no seu defecto, na data indicada e publicada polo profesor no comienzo de curso. A elección de EG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de EC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa se realizaron.

SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA (EC) 

Neste caso a avaliación da materia constará de 3 probas que serán as seguintes 

1.- Primeira proba (20%): (Temas 1 e 2). Faráse a seman seguinte de rematar o tema 2.

2.- Segunda proba (40%): (Temas 3 e 4). Este exame realizaráse ao final do segundo terzo do cuadrimestre, nunha data que será anunciada con suficiente antelación.

3.- Terceira proba  (40%): (Todo o temario). Este exame realizaráse na data oficial 

PROBA AVALIACIÓN GLOBAL (EG) 

O estudantado que se acolla a esta modalidade realizará unha única proba de toda a materia polo 100% da nota, na data oficial establecida no calendario de exames. 

Convocatoria Julio: Na convocatoria extraordinaria, o estudantado realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.

Convocatoria Fin de Carrera: O estudantado matriculado na convocatoria fin de carreira realizará unha proba de toda a materia polo 100% da nota.

Os estudantes que non participen na EC nin na EG, figurarán nas actas como non presentados. 

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a cualificación e a calidade dá docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa) 

 As datas e horas das probas de EG (de primeira e segunda oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000