=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
LECCIÓN MAGISTRAL
Exposición por parte do profesor dos contidos en relación coa materia obxecto de estudio.
CASOS PRÁCTICOS
Lectura e análise de documentos legais ou supostos prácticos, problemas ou casos reais. A finalidade destas clases será o de completar o coñecemento e as reflexións sobre a materia, así como interpretar e xerar as hipóteses que considere oportunas. O estudantado desenvolve exercicios ou proxectos na clase baixo as directrices e a supervisión do profesor. O seu desenvolvemento deberase conectar con actividades autónomas do estudantado. Incluiranse probas tipo test para verificar o cumprimento de obxectivos.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Tanto as clases teóricas como os casos prácticos adaptaranse á situación de non presencialidade empregando as ferramentas de teledocencia ofrecidas pola Universidade de Vigo.
A tal fin se empregaranse as aulas virtuais creadas pola Universidad de Vigo, así como as ferramentas de Faitic.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
A atención do estudantado terá lugar, ás horas predefinidas, nas salas asignadas ao profesorado no campus remoto, para o cal será necesario facilitar o contrasinal de acceso ás mesmas. Excepcionalmente poderá ter lugar por e-mail ou outros medios.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
-
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
Ademais dos temas, resumos e documentos complementarios que se carguen en Faitic e figuren na guía docente, a Universidade de Vigo facilitará outros recursos como o acceso a diferentes publicacións ás que, no seu caso, terase acceso de xeito gratuíto.
Tamén se reforzará a información facilitada a través de enlaces e outros documentos.
* Outras modificacións
-
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
...
* Probas pendentes que se manteñen
Proba XX: [Peso anterior 00%] [Peso Proposto 00%]
...
* Probas que se modifican
[Proba anterior] => [Proba nova]
* Novas probas
AVALIACIÓN CONTINUA
A avaliación continua atenderá á asistencia e á participación do estudantado nas sesións presenciais ou telemáticas que se desenvolvan durante o cuadrimestre. En concreto valorarase unha participación activa nas clases que demostre o seguimento das explicacións e indicacións do profesor. Esta avaliación comporá o 40% da cualificación final.
Opcionalmente, o estudantado poderá realizar un traballo académico sobre algún dos temas suxeridos polo profesor a fin de obter dous puntos adicionais nesta parte da avaliación.
PRIMEIRA CONVOCATORIA
Tanto na modalidade presencial como ante calquera eventualidade que obrigue á celebración de probas non presenciais, a avaliación continua complementarase cun exame oral no que o alumnado deberá amosar o coñecemento do tema da materia polo que se pregunte. Este exame tamén constará dunha proba escrita de igual valor ca oral na que o ou a estudante deberá contestar ás preguntas formuladas polo profesor.
No caso de que non se poidan realizar presencialmente, as probas de avaliación Terán lugar a través do campus remoto da Universidade de Vigo.
Para aquelas ou aqueles estudantes que non seguiran a avaliación continua ou non alcanzaran 2 puntos na mesma, a avaliación final consistirá, tanto na modalidade presencial como ante calquera eventualidade que obrigue á celebración de probas no presenciais, nun exame oral no que deberán amosar o coñecemento do tema da materia polo que se pregunte. Este exame se complementará cunha proba escrita de igual valor ca oral na que o ou a estudante deberá contestar ás preguntas formuladas polo profesor.
SEGUNDA CONVOCATORIA
Seguirase o mesmo procedemento que na primeira convocatoria.
FIN DE CARREIRA
Seguirase o mesmo procedemento que na primeira e segunda convocatorias.
* Información adicional
|