Nesta materia estúdase o significado e fundamentos das potestades da Administración en materia económica. En particular, a intervención pública na economía, as técnicas utilizadas, así como a reserva ao sector público de determinadas actividades económicas. Así mesmo, analízase a iniciativa pública económica e as técnicas de fomento do desenvolvemento económico.