1. Valorarase a asistencia a clases teóricas e prácticas, ata un 20% da cualificación final. Para obter tal valoración é necesario acudir como mínimo ao 85% das mesmas.
2.- Realizaranse actividades prácticas ao longo do curso e probas teóricas de preguntas curtas ou tipo test, que conxuntamente, supoñerán o 40% da cualificación final.
3.- Haberá dous exames parciais longos que supoñerán o 40% da cualificación total, sempre que se alcance un mínimo de 2 puntos sobre 5 en cada un deles.
4.- O alumnado que non desexe, ou non poida seguir o sistema de avaliación continua descrito, poderá presentarse a un exame final único teórico-práctico que supoñerá o 100% da cualificación (50% parte teórica, 50% parte práctica). Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria de fin de carreira.
5.- Non obstante o anterior, o alumnado poderá conservar a cualificación alcanzada na avaliación continua para o seguinte curso académico. DATAS DE EXAMES:
Os exames oficiais realizaranse segundo o calendario aprobado para o efecto pola xunta de centro para o curso académico. Así mesmo, o profesor entregará no Decanato, antes de que comece o cuadrimestre, un Cronograma onde se describe o desenvolvemento semanal da materia. O alumnado que, a xuízo do profesor, non cumpra o compromiso ético esixido pola Universidade de Vigo sobre a realización de probas, quedará excluído automaticamente da avaliación continua, son prexuízo de posteriores accións que poidan derivarse da súa conduta. |