Nesta materia, seguiranse dous sistemas de avaliación, tanto na primeira convocatoria (xaneiro) como na segunda (xullo): avaliación continua ou exame final. 1º.- AVALIACIÓN CONTINUA.
Para poder optar por este sistema, o/a alumno/a deberá acreditar
asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas.
O sistema de avaliación continua consistirá en:
a) 2 probas teóricas tipo test, de carácter eliminatorio, que se realizarán nas datas indicadas na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de curso; a nota media obtida nestas probas representará o 40% da cualificación final, tendo que haberse obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha de elas para aprobar a materia polo sistema de avaliación continua. b) 1 proba práctica escrita, que se realizará na data indicada na planificación docente e que, xunto coa exposición e debate desenvolvido polos alumnos nos seminarios, representará o 40% da cualificación final, tendo que haberse obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 en la misma para aprobar a materia polo sistema de avaliación continua. c) A elaboración e presentación dun traballo ou proxecto, elaborado dacordo coas instruccións do profesor, na data fixada polo profesor. A nota obtida neste traballo constituirá o 20% da calificación final tendo que haber obtido unha calificación mínima de 5 puntos sobre 10 para aprobala materia polo sistema de avaliación continua. Notas importantes: Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a alumno/a deberá realizar as dúas probas tipo test, a proba práctica escrita e a elaboración e presentación dun traballo y deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas. b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non superen a materia na primeira convocatoria (xaneiro), de cara á segunda convocatoria (xullo) poderán optar por: - Que se lles manteña a cualificación obtida nas probas test realizadas (cuxa media representará o 40% da cualificación final), nese caso o exame consistiría nunha proba teórica (30%) e práctica (30%) escrita de desenvolvemento, sobre toda a materia. - Facer un exame final nos términos que se indican a continuación.
2º.- EXAME FINAL.
Os/as alumnos que decidan non seguir o sistema de avaliación continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser evaluados conforme a este sistema, serán evaluados cun exame final a realizar na data fixada no calendario oficial de exames e que representará o 100% da cualificación final. Este exame final consistirá en:
a) 1 proba teórica escrita de desenvolvemento sobre toda a materia, que representará o 70% da cualificación final.
b) 1 proba práctica escrita, que representará o 30% da cualificación final.
3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.
Na convocatoria de fin de carreira o sistema de avaliación será o de exame final nos términos expostos anteriormente.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/2025. |