Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Ao final das clases o alumnado terá que realizar dúas probas teórico prácticas, correspondendo a primeira delas aos temas propios de contratación mercantil e a segunda aos temas propios de títulos valores. Estas probas combinarán preguntas teóricas e supostos prácticos. Cada unha destas dúas probas será puntuada con 3,5 puntos. 70 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
C5
C6
D3
D5
Seminario Presentación dun traballo sobre un tema previamente asignado 10 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
C5
C6
D3
D5
Estudo de casos Ao longo do cuatrimestre realizaranse dous test sobre as cuestións plantexadas nas clases prácticas. A nota máxima por esta actividade serán dous puntos. 20 A2
A3
A5
B4
C5
C6
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


Para acollerse ao sistema de avaliación continua o alumno/a
terá que asistir regularmente a clase (teórica e práctica). Para estes efectos,
realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a
incumpriu este requisito se acumula máis de dúas faltas de asistencia sen
xustificar.





Para superar a materia mediante o sistema de avaliación
continua, o alumnado terá que obter un mínimo de 1,5 puntos no conxunto das
probas consistentes nos test e no seminario, e un mínimo 3,5 puntos nas dúas
probas teórico prácticas que se formularan unha vez finalizado o período de
clases.





Entenderase que un alumno/a acóllese ao sistema de
avaliación continua cando realice algunha das probas mencionadas (test,
seminario o proba teórico práctica). Non resulta posible renunciar á avaliación
continua unha vez realizada algunha das probas mencionadas.





O alumnado que non se acolla ao sistema de sistema de
avaliación continua terá que realizar un exame final, que combinará preguntas
teóricas e prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota.



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000