Para acollerse ao sistema de avaliación continua o alumno/a
terá que asistir regularmente a clase (teórica e práctica). Para estes efectos,
realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a
incumpriu este requisito se acumula máis de dúas faltas de asistencia sen
xustificar.
Para superar a materia mediante o sistema de avaliación
continua, o alumnado terá que obter un mínimo de 1,5 puntos no conxunto das
probas consistentes nos test e no seminario, e un mínimo 3,5 puntos nas dúas
probas teórico prácticas que se formularan unha vez finalizado o período de
clases.
Entenderase que un alumno/a acóllese ao sistema de
avaliación continua cando realice algunha das probas mencionadas (test,
seminario o proba teórico práctica). Non resulta posible renunciar á avaliación
continua unha vez realizada algunha das probas mencionadas.
O alumnado que non se acolla ao sistema de sistema de
avaliación continua terá que realizar un exame final, que combinará preguntas
teóricas e prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota.