A materia Dereito Mercantil II céntrase no estudo daquelas principais ferramentas que o empresariado utiliza para actuar no mercado: os contratos mercantís e os títulos valores.
Entre os numerosos contratos, o programa céntrase naqueles que, pola súa maior utilización son usualmente utilizados na práctica.
No que atinxe aos títulos valores o temario focalízase, fundamentalmente, na letra de cambio dado que a súa normativa serve como referencia tanto ao cheque como o pagaré.