A Avaliación do estudante realizarase doseguinte xeito: - Exame final (0 a 4 puntos). Realizaraseun único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data, hora e lugar establecidopolo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (http://fccxxt.webs.uvigo.es/es/). O exame final constará dunha parte teórica e unha parte práctica. Para superar o exame será necesario obter unha nota igual ou superior ao 50 % da puntuación total e, como mínimo, o 30 % da nota asignada en cada unha das partes teórica e práctica. - Avaliación baseada nos traballos realizados, tanto en grupo como de xeito individual, na participación en clase e nas probas de seguimento (0 a 6 puntos). A cualificación obtida en cada proba de seguimento suporá un 25 % da nota final. A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado ao marxe das probas de seguimento e das probas finais, serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 10 %. A nota final da materia expresarase nunha escala de 0 a 10 puntos e resultará da suma da nota acadada no exame y das notas acadadas nos traballos, participacións nas clases e probas de seguimento realizadas. Para superar a materia é necesario acadar un mínimo de 5 puntos. Nos primeiros 15 días do cuatrimestre habilitarase un único prazo para que o alumno ou a alumna que así o desexe poida renunciar á avaliación continua e solicitar que o seu exame final se valore entre 0 e 10 puntos. Para estes alumnos o exame final incluirá unha terceira parte (0 a 6 puntos) que sustituirá ós traballos, á participación na clase e ás probas de seguimento da avaliación continua. Se o alumno ou a alumna houbese renunciado á avaliación continua, a nota final da materia coincidirá coa nota acadada no exame final. A segunda convocatoria rexerase polas mesmasnormas. O exame da convocatoria de segunda oportunidade terá lugar na data, hora e lugar establecido polo Decanato da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (http://fccxxt.webs.uvigo.es/es/). Na convocatoria fin de carreira o exame suporá o 100 % da nota final da materia. BOAS PRÁCTICAS: - Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles, ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes dispositivos deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a. - É imprescindible asistir ás sesións de aula co material necesario para o seu desenvolvemento. - Calquera evidencia de probas plaxiadas oucopiadas, total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico. - Para a realización das probas só se permiteo uso de elementos de escritura e calculadora. - O estudante deberá presentarse ao exame debidamente identificado, co seu D.N.I, pasaporte ou licenza de conducir, non sendo válido outro documento. - Tódalas probas deberán ser entregadas á súa finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacadas fora da aula. - A revisión de exames terá lugar no horario e lugar establecido polo profesor/a. |