1.-Valórase a asistencia a clase, ata un 10% da nota final,
así como nas diferentes actividades que nelas se organicen. Ao comezo do curso,
o profesor indicará as condicións e/ou a forma de valorar a dita axuda. 2.- Ao longo do curso poderán realizarse controis
teórico-prácticos que, en conxunto, poderán supoñer ata o 40% da nota final. 3.- Realizaranse polo menos dous exames parciais que suporán
un mínimo do 50% da nota total. A data do último parcial pódese facer
coincidir, en principio, coa data oficial do exame final. 4.- O alumnado que non queira, ou non poida seguir o sistema
de avaliación continua descrito, poderá realizar un único exame final
teórico-práctico que suporá o 100% da nota (50% parte teórica, 50% parte
práctica). Este sistema aplicarase tamén na convocatoria extraordinaria
de fin de grao. 5.- O estudantado non poderá conservar a cualificación
acadada na avaliación continua para o curso seguinte. DATAS DE EXAMES: Os exames oficiais realizaranse segundo o calendario
aprobado para o efecto pola xunta de centro para o curso académico. Así mesmo,
o profesor entregará no Decanato, antes do inicio do cuadrimestre, unha Horario
onde se describa o desenvolvemento semanal da materia. O alumnado que, a xuízo do profesor, incumpra o compromiso
ético esixido pola Universidade de Vigo en canto á realización das probas,
quedará automaticamente excluído da avaliación continua, en prexuízo das
actuacións posteriores que puidesen derivar da súa realización |