CONVOCATORIA COMÚN DECEMBRO/XANEIRO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final)
a) Avaliación continua. Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases prácticas. Para aprobar a materia é necesario obter un mínimo de 5 entre o exame final e a avaliación continua. Sumándose a puntuación obtida no "examen de preguntas de desenvolvemos" e no "estudo de casos" a cualificación máxima que pode obterse será de 8. A esto sumarase a cualificación obtida na resolución de problemas e/ou exercicios. Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas (Examen de preguntas e estudo de casos).
b) Avaliación non continua en primeira convocatoria. Recoñécese o dereito á avaliación non continua, nese caso o 100% da nota avaliarase mediante un exame final. Compoñerase de preguntas teóricas sobre os conceptos da materia e as súas relacións entre si e, no seu caso, dunha parte práctica.
CONVOCATORIA COMÚN DO MES DE JULIO: Se o/a alumno/a non superase a materia na convocatoria común do mes de decembro, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Neste caso o exame final só supoñerá o 40% da nota. É necesario alcanzar nesta proba unha puntuacion de 5 sobre 10 para que some a puntuación obtida na avaliación continua.
Recoñécese o dereito á avaliación non continua, nese caso o 100% da nota avaliarase mediante un exame final. Compoñerase de preguntas teóricas sobre os conceptos da materia e as súas relacións entre si e, no seu caso, dunha parte práctica.
CONVOCATORIA FIN DE CARRERA: Na convocatoria FIN DE CARRERA o alumno será avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e, no seu caso, práctico, que representará o 100 por 100 da nota final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es.
Non está permitido levar ao exame ningún dispositivo electrónico.