Materia impartida no primeiro cuadrimestre do terceiro curso do Grao de Dereito na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo. Trátase dunha materia obrigatoria que achega ao alumno ao dereito de familia e ao dereito de sucesións, permitindo coñecer institucións xurídicas esenciais nos devanditos ámbitos.