Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O sistema de avaliación ao que pode optar o alumnado é de dous tipos:
avaliación continua ou avaliación global.

A asistencia ás clases prácticas é un factor esencial que se valora no proceso de avaliación continua. É preciso ter asistido ao 75% das clases prácticas para poder acceder ao sistema de avaliación continua. No caso de que por calquera motivo o alumnado non poida asistir ao 75%, non poderá participar no sistema de avaliación continua, debendo realizar un único exame final.

A proba de resolución de problemas e/ou exercicios consistirá nun exame escrito no que o alumnado debe resolver un ou varios casos prácticos.

A data, horario e lugar de realización desta proba serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico.

Na avaliación continua esta constitúe a terceira proba, sumándose ás dúas probas tipo test que se explican no seguinte apartado, e supón o 40% da cualificación final da materia.
40 A2
A3
B1
B3
B4
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas 1ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciais tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou varios casos prácticos, exposta anteriormente.
As dúas probas tipos test consistirán en sendos exames de 25 preguntas con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido da primeira proba tipo test indicaráse no cronograma da materia.
A cualificación de primeira proba tipo test supón o 30% da cualificación final da materia.
30 A2
A3
B1
B3
B4
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas 2ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciáis tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou varios casos prácticos, exposta anteriormente.
As dúas probas tipos test consistirán en sendos exames de 25 preguntas con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido da segunda proba tipo test indicaráse no cronograma da materia.
A cualificación da segunda proba tipo test supón o 30% da cualificación final da materia.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1.ª OPORTUNIDADEDE EXAME.

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA.
Descríbese nos apartados anteriores. 

b) SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL. 
Un único exame, que incluirá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da materia. Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá nunha proba tipo test, de 50 preguntas, con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco. Esta parte representa o 60% da cualificación final. A parte práctica consistirá en resolver un ou varios casos prácticos. Esta parte representa o 40% da cualificación final. A cualificación final do exame será a suma das cualificacións obtidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes. As datas, horarios e lugar de realización destas probas serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso académico. 

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2.ª OPORTUNIDADE E FIN DE CARREIRA. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000