Exame de preguntas obxectivas |
Segunda proba de avaliación continua sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos até ese momento. |
30 |
A2 A3 A4
|
|
C11 C12
|
D1 D3
|
A forma xeral de avaliación será a especificada anteriormente: tres probas de avaliación continua cunha ponderación do 30%, 30% e 40%, respectivamente. A última proba de avaliación continua realizarase na mesma data que a primeira oportunidade da proba de avaliación global.
Se un alumno/a NON se presenta a algunha das dúas primeiras probas de avaliación continua, NON poderá optar á avaliación final por avaliación continua, polo que deberá presentarse á proba de avaliación global para poder superar a materia.
A proba de avaliación global para aqueles que renuncian á avaliación continua diferirá da proba que o mesmo día realicen os estudantes con avaliación continua.
Na convocatoria de fin de carreira a avaliación farase unicamente cunha proba de avaliación global.
As datas e horas das probas finais correspondentes ás convocatorias de primeira e segunda oportunidade serán as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024. |