1. Como soporte á docencia, utilizaranse plataformas de aprendizaxe virtual.
2. É conveniente que o alumno active a conta de correo electrónico que lle proporciona a Universidade de Vigo.
3. Realizarase, como parte do traballo de avaliación continua da materia, o curso virtual organizado pola Biblioteca no marco do convenio UniCI2 "Coñece a Biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar a información" , que ten como obxectivo que o estudante adquira os coñecementos básicos para buscar, analizar, seleccionar e organizar a información de maneira eficiente, así como utilizar e comunicar a información eficazmente de forma ética e legal. |