Na
convocatoria de primeira oportunidade, o alumno/a é cualificado por avaliación
continua ou, tras a súa renuncia, mediante un exame de avaliación global.
A
avaliación continua comprende tres probas escritas a realizar dentro do
horario de clase que se cualifican sobre unha base de 10 puntos. A
primeira proba e de preguntas teóricas
de desenvolvemento e a súa aportación á nota da materia é o 20%. As probas
segunda e terceira inclúen preguntas teóricas de desenvolvemento e e resolución
de problemas e/ou exercicios, e as súa aportacións á nota da materia é o 40% e o
40% respectivamente. As preguntas teóricas de desenvolvemento e resolución de
problemas e/ou exercicios en cada unha das probas, así como no total do curso por avaliación continua terán unha aportación á nota final dacordo coas ponderacións descritas na táboa anterior. Las preguntas teóricas de desarrollo y la resolución de problemas y/o ejercicios en cada una de las pruebas, así como en total del curso por evaluación continua tendrán una aportación a la nota final de acuerdo con las ponderaciones descritas en la tabla anterior.
Se
non se achega á calificación mínima de 3 puntos nalgunha das dúas probas de
avaliación continua que teñen una aportación á nota do 40% cada una delas, a
nota da avaliación continua é "suspenso", e o seu valor resulta da
aplicación das ponderaciones previas cun máximo de 4 puntos.
O
alumno/a renuncia ao proceso de avaliación continua cando deixa de asistir, sen
causa xustificada, a máis do 30% das clases de teoría ou de práctica, e/ou non
se presenta ao control que ten a calificación do 40% da nota da materia.
O
alumno/a que renuncie á avaliación continua, será avaliado/a nun exame global
que se realiza na data oficial establecida e publicada polo centro, que inclúe
preguntas teóricas de desenvolvemento (3,6 puntos) e resolución de problemas
e/ou exercicios (6,4 puntos).
Así
mesmo, aqueles alumnos/as que teñan a calificación de "suspenso" por
avaliación continua e non deben recuperar obrigatoriamente amba-las probas 2 e 3 , teñen a oportunidade de recuperar de maneira individualizada aquela/aquelas probas
que lle permitan supera-la materia coas ponderacións e criterios da avaliación continua na data oficial establecida para a
realización do exame global. Os/as restantes alumnos/as que teñan a calificación de "suspenso" por avaliación continua poderán recuperar toda a evaluación continua a través do previamente sinalado exame global. Todos
os alumnos/as que concorran á segunda oportunidade son avaliados/as cun exame
global, na data oficial publicada polo centro, que inclúe preguntas teóricas de
desenvolvemento (3,6 puntos) e resolución de problemas e/ou exercicios (6,4
puntos). |